NOVAS


  • EMISIÓN EN LIÑA DAS CONFERENCIAS DA XXXVII SGF, FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL Podedes ollar as conferencias en liña entrando nesta ligazón. Ver máis...
  • XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL” A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXVII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“. Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez ... Ver máis...
  • Cancelación da Semana Galega de Filosofía en 2020 e realización da mesma en 2021 co mesmo programa previsto A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a celebración da Semana Galega de Filosofía do presente ano. Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma. Mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e que as autoridades educativas acaban de estabelecer un ... Ver máis...
  • MANIFESTO EN DEFENSA DAS HUMANIDADES Desde o profundo convencemento de que o hiato existente entre ciencias e humanidades debe dar paso inmediato a un achegamento, e de que este trazo debería definir a tan debatida -desde os anos sesenta do pasado século!- terceira cultura, comezamos o noso alegato: Porque o feito de primar as ciencias sobre as humanidades déixanos en orfandade. ... Ver máis...
  • URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: EMANUELA FORNIARI NON PARTICIPARÁ NA XXXVI SGF Por causas alleas á súa vontade, Emanuela Forniari non poderá participar na XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira. O seu relatorio estaba previsto para o martes 23 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar participará Alberto Cruz Bravo. O seu relatorio titúlase “As tormentas de area borran as raias das fronteiras”. Ver máis...
  • DOSSIER E PROGRAMA DA XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA” Fiolsofía e FronteiraPodedes descargar o dossier e programa da XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira, dende esta páxina. Ver máis...
  • XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA” Fiolsofía e FronteiraA Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de “Filosofía e Fronteira”. Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño ... Ver máis...
  • Solidariedade co pobo venezolano A Aula Castelao desexa facer público o seu apoio e solidariedade para co pobo venezolano e ó goberno lexítimo de Nicolás Maduro, así como facerse eco das seguintes verbas do mestre e amigo Farruco Sesto:   Ver máis...
  • SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVI SGF: FILOSOFÍA E FRONTEIRA Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira. Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. O prazo de admisión de comunicacións ... Ver máis...
  • Conferencia de Ramón Grosfoguel: “O xiro decolonial” (a mirada da humanidade excluída) No 35 aniversario da Semana Galega de Filosofía, dende a Aula Castelao de Filosofía, quixemos organizar un encontro co profesor Ramón Grosfoguel, membro do grupo modernidade/colonialidade que representa a actualización da tradición de pensamento que incorpora a visión dos colectivos habitualmente excluídos da historia do pensamento. Tratan de botar luz sobre aquelas achegas que minusvaloramos ... Ver máis...
  • XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN” A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”. Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez ... Ver máis...
  • SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXV SGF Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 2 e 6 de abril de 2018, co título de: Filosofía e o Común. O prazo de admisión de comunicacións rematará o 10 de xaneiro de 2018. Ver máis...
  • Principais achegas da bioética á sociedade contemporánea Documentación da conferencia impartida o venres 21 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Margarita Boladeras Cucurella, catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
  • Contaminación e Saúde. A situación en Pontevedra Documentación da conferencia impartida o xoves 20 de abril de 2017 ás 17:00 por don Antón Masa Vázquez, biólogo e presidente de APDR, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
  • As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula Documentación da conferencia impartida o mércores 19 de abril de 2017 ás 17:00 por don Marino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Oviedo no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (1’4 MB): “As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula”       Ver máis...
  • A industria do medicamento: Un negocio saudable? Documentación da conferencia impartida o martes 18 abril de 2017 ás 20:00 por don Germán Velásquez, Conselleiro Especial para Saúde e Desenvolvemento no Centro Sur en Xenebra, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Presentación en PowerPoint (3’6 MB):  “A industria do medicamento: Un negocio saudable?” Texto completo en PDF: “A industria do medicamento: Un negocio saludable?”       Ver máis...
  • Xustiza e Autonomía: as dúas leccións da discapacidade e a dependencia Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 17:00 por don José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
  • A aproximación da Antropoloxía Social e Cultural aos procesos de saúde, enfermidade e atención Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Maribel Blázquez Rodríguez, profesora de Antropoloxía Social na Universidade Complutense de Madrid, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
  • Sanidade: dereito ou negocio? Documentación aportada por don Manuel Martin Garcia, Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, impartida o luns 17 de abril de 2017 ás 17:00 horas xunto con do Pablo Vaamonde García, médico de familia, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
  • Manifesto a prol da Filosofía Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española ... Ver máis...
  • XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SAÚDE” Entre os días 17 e 21 de abril de 2017 celebrouse no Teatro Principal da cidade de Pontevedra a XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde. Ver máis...
  • Eurasia como eixe do século XXI Desde Occidente pode verse esta afirmación de dúas formas: ou moi irreal ou moi arriscada. O certo é que mentres nos entretemos en cuestións menores, o eixe do mundo desprazouse irreversiblemente cara a esa zona do mundo e non fai tanto tempo. Si hai que sinalar unha data esta é 2008, cando como consecuencia do inicio ... Ver máis...
  • Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, reforza a condición do noso ... Ver máis...
  • XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E POLÍTICA”   Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Política.     Ver máis...
  • XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SEXUALIDADE” Entre os días 6 e 10 de abril de 2015 celebrouse no Teatro Principal de Pontevedra a XXXII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA co título de: Filosofía e Sexualidade. Programa: Mañá: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBRE A SEXUALIDADE. Este eixo desenvolverá os relatorios de maior contido e peso académico. Abrirá o debate o Profesor Efigenio Amezúa da Universidade de Alcalá, ... Ver máis...
  • VÍDEOS DA XXXI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA Podedes ollar os vídeos dos relatorios da pasada edición da Semana Galega de Filosofía, XXXI SGF “Filosofía e revolución”, dende aquí: Ver máis...
  • XXXI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E REVOLUCIÓN” A Aula Castelao de Filosofía realizou un ano máis a edición da Semana Galega de Filosofía co título de “Filosofía e revolución.” Do 21 ao 25 de abril de 2014 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXI SGF, tendo como sede o Teatro Principal na rúa de Paio Gómez Chariño, 6. Ver máis...
  • XXX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E MEMORIA” Do 1 ao 5 de abril de 2013, celebrouse en Pontevedra a XXX Semana Galega de Filosofía, baixo o título de “Filosofía e memoria”, tendo como sede da SGF o Teatro Principal. Ver máis...
  • MANIFESTO CONTRA O ANTEPROXECTO DE REFORMA EDUCATIVA A “Aula Castelao de Filosofía”, asociación constituída por profesionais de distintas ramas do saber, que traballan nos eidos intelectual e docente para transformar Galicia nunha sociedade de cidadáns e cidadás libres, iguais e solidari@s. Á vista das propostas estabelecidas polo Ministerio de Educación no seu borrador do Anteproxecto de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade ... Ver máis...
  • MANIFESTO CONTRA A ACTUAL DETERIORACIÓN DO ENSINO PÚBLICO A AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA, como colectivo de ensinantes de educación secundaria na súa maioría, e como foro de reflexión crítica, de renovación educativa e de contribución á normalización da lingua e cultura propias de Galicia, quere manifestar e denunciar o seguinte: Amosamos a nosa preocupación e repulsa polas medidas restritivas que nos últimos anos e ... Ver máis...
  • XXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E EUROPA” Entre os días 9 e 13 de abril de 2012 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Europa. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé. Ver máis...
  • A Aula Castelao recibe o premio Xoán Manuel Pintos 2011 A Aula Castelao foi galardoada co premio Xoán Manuel Pintos 2011, concedido polo Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua. Desta maneira se recoñece o labor de impulso, que o noso colectivo fai, do uso da lingua propia de Galicia: o galego. Tódalas persoas que formamos parte da Aula Castelao agradecemos ... Ver máis...
  • Manifestación contra as autorizacións ambientais a ENCE/ELNOSA A Aula Castelao apoia a manifestación deste venres 21 de outubro, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría. Con esta manifestación, a cidadanía expresará á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á posibilidade de que sexan concedidas as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, co que se favorecería a permanencia do complexo. panfleto_AAIs_MANI.21.10.11 Ver máis...
  • Artigo de Samir Amin sobre a “primavera árabe” Samir Amin, quen clausurou a pasada SGF, agasállanos cun artigo onde fai unha análise dos acontecementos que se están a vivir no mundo árabe. Aquí podedes ler ou descargar o artigo traducido ao galego e maila súa versión orixinal no idioma francés. 2011: a primavera árabe? SAMIR AMIN O ano 2011 comezou cunha serie de estrepitosas explosións ... Ver máis...
  • A Aula Castelao de Filosofía apoia a marcha contra Celulosas A Aula Castelao de Filosofía quere facer público o seu apoio á convocatoria da marcha contra Celulosas, o vindeiro 11 de xuño en Pontevedra á 19:30 horas, que a APDR (Asociación Pola Defensa da Ría) fai este ano cos lemas: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA e CONTRA AS RENOVACIÓNS DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS INTEGRADAS PARA ... Ver máis...
  • Conclusións da XXVIII SGF: Filosofía e mentira Mercedes Moreno Sande, membra da Aula Castelao de Filosofía, presentou a conclusións da XXVIII SGF, Filosofía e mentira: O mundo está cambiando. A brutalidade capitalista está mostrando sen veos a súa faciana non dun xeito remoto, en lugares lonxanos. Aquí mesmo, en Galiza, empezamos a comprender que o noso soño de prosperidade, liberdade e progreso está ... Ver máis...
  • Apertura da XXVIII SGF: Filosofía e mentira Carlos Calviño, coordinador da Aula Castelao de Filosofía, presentou a XXVIII SGF, Filosofía e mentira: A verdade é máis nefasta que a ignorancia, posto que inutiliza as forzas propias da ilustración e do coñecemento. Abrimos con Nietzsche, e na súa xenealoxía conceptual deterase Miguel Morey. Amosaremos, de seguido, a nosa preocupación sobre a mentira nos medios ... Ver máis...
  • OLLA EN DIRECTO A XXVIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, FILOSOFÍA E MENTIRA Ver máis...
  • Inscrición XXVIII SGF *Pechada Inscricións pechadas dende o xoves 21 de abril ás 00:00 horas.   >> Listaxe de matriculación Ver máis...
  • Conclusións da XXVII SGF: Filosofía e Economía Juan Carlos Fernández Naveiro, membro da Aula Castelao, presentou as conclusións da XXVII Semana Galega de Filosofía. PRESENTACIÓN Concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra, Vicerreitor da Universidade de Vigo, Subdirector Xeral de Caixanova, Decano do Colexio de Avogados, Director do Parador de Pontevedra, compañeiras e compañeiros: boas noites e grazas pola vosa presenza. Chega o momento das ... Ver máis...
Máis novas