- EMISIÓN EN LIÑA DAS CONFERENCIAS DA XXXVII SGF, FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL Podedes ollar as conferencias en liña entrando nesta ligazón. >> Ver máis
- XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL” A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía. A XXXVII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“. Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuíta mais con aforo limitado e por estrita orde de chegada. As portas do Teatro estarán abertas cunha hora de antelación para facilitar a entrada en cada sesión. Todas as ... >> Ver máis
- Cancelación da Semana Galega de Filosofía en 2020 e realización da mesma en 2021 co mesmo programa previsto A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a celebración da Semana Galega de Filosofía do presente ano. Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma. Mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e que as autoridades educativas acaban de estabelecer un protocolo moi cuestionado polo profesorado para o comezo das aulas á volta do verán, e dadas as advertencias das autoridades sanitarias sobre previsíbeis rebrotes do coronavirus logo das vacacións, consideramos que nesas circunstancias a realización da Semana de Filosofía en setembro non se podería levar a cabo coas garantías suficientes que fagan prever o seu normal desenvolvemento. Por todo isto, acordamos trasladar o programa previsto para esta XXXVII Semana Galega de Filosofía que leva por título “Filosofía e Civilización Dixital” para o vindeiro ano nas datas tradicionalmente estabelecidas (logo da Semana Santa, do 5 ao 9 de abril de 2021), agardando que se produza unha redución da incerteza en que hoxe nos movemos e unha consecución de máis seguridade, co fin de ofertar unhas xornadas de debate da maior calidade posíbel. >> Ver máis