- EMISIÓN EN LIÑA DAS CONFERENCIAS DA XXXVII SGF, FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL 2021-04-05 Podedes ollar as conferencias en liña entrando nesta ligazón.
Ver máis...
- XXXVII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E CIVILIZACIÓN DIXITAL” 2021-03-18 A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVII Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 5 ao 9 de abril de 2021, baixo a epígrafe de “Filosofía e Civilización Dixital“.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuíta mais con aforo limitado e por estrita orde de chegada. As portas do Teatro estarán abertas cunha hora de antelación para facilitar a entrada en cada sesión.
Todas as conferencias serán retransmitidas en liña e as relatoras ... Ver máis...
- Cancelación da Semana Galega de Filosofía en 2020 e realización da mesma en 2021 co mesmo programa previsto 2020-07-23 A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a celebración da Semana Galega de Filosofía do presente ano. Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma. Mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e que as autoridades educativas acaban de estabelecer un protocolo moi cuestionado polo profesorado para o comezo das aulas á volta do verán, e dadas as advertencias das autoridades sanitarias sobre previsíbeis rebrotes do coronavirus logo das vacacións, consideramos que nesas circunstancias a realización da Semana de Filosofía en setembro non se podería levar a cabo coas garantías suficientes que fagan prever o seu normal desenvolvemento.
Por todo isto, acordamos trasladar o programa previsto para esta XXXVII Semana Galega de Filosofía que leva por título “Filosofía e Civilización Dixital” para o vindeiro ano nas datas tradicionalmente estabelecidas (logo da Semana Santa, do 5 ao 9 de abril de 2021), agardando que se produza unha redución da incerteza en que hoxe nos movemos e unha consecución de máis seguridade, co fin de ofertar unhas xornadas de debate da maior calidade posíbel. Ver máis...
- MANIFESTO EN DEFENSA DAS HUMANIDADES 2019-04-22 Desde o profundo convencemento de que o hiato existente entre ciencias e humanidades debe dar paso inmediato a un achegamento, e de que este trazo debería definir a tan debatida -desde os anos sesenta do pasado século!- terceira cultura, comezamos o noso alegato:
Porque o feito de primar as ciencias sobre as humanidades déixanos en orfandade. Quedamos redeadas e rodeados polo útil, concibido como aquilo que xera solucións a curto prazo, e polo universo do artificial, aparentemente perfecto (non hai máis que ver os nosos sistemas educativos onde se impón o manexo da tecnoloxía, da informática, os procedementos algorítmicos e a economía formalista, xunto co inglés claro está). Pero esquecémonos de que a intelixencia é algo máis: é o razoamento, a reflexión, o tomar decisións e o formarse unha idea determinada da realidade. Ver máis...
- URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: EMANUELA FORNIARI NON PARTICIPARÁ NA XXXVI SGF 2019-04-20 Por causas alleas á súa vontade, Emanuela Forniari non poderá participar na XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira.
O seu relatorio estaba previsto para o martes 23 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar participará Alberto Cruz Bravo.
O seu relatorio titúlase "As tormentas de area borran as raias das fronteiras". Ver máis...
- DOSSIER E PROGRAMA DA XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA” 2019-04-07 Podedes descargar o dossier e programa da XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira, dende esta páxina. Ver máis...
- XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA” 2019-03-29 A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de "Filosofía e Fronteira".
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación. Ver máis...
- SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVI SGF: FILOSOFÍA E FRONTEIRA 2018-11-19 Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira.
Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. O prazo de admisión de comunicacións rematará o 31 de xaneiro de 2019.
As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
– Ter unha relación clara coa temática da XXXVI SGF.
– Estar escritas en galego.
– Non sobrepasar as 300 liñas.
– Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, ... Ver máis...
- VÍDEOS DA XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA 2018-04-07 Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e o común”, dende aquí:
Ver máis...
- DOCUMENTOS PARA O RELATORIO DE MAÑÁ DE FRANCISCO JOSÉ MARTÍNEZ, “PRIVADO, PÚBLICO E COMÚN, A PARTIR DE DELEUZE A NEGRI” 2018-04-02 Privado , público e común, a partir de Deleuze a Negri. Aquí dispoñedes de 2 documentos para ler como anticipo do relatorio de mañá ás 10:30 horas de Francisco José Martínez:
LO PRIVADO COMO CATEGORIA
INTELECTO GENERAL, SERVIDUMBRE VOLUNTARIA Y COMUNISMO 1
Ver máis...
- URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: ÁNGELES RAMÍREZ NON PARTICIPARÁ NA XXXV SGF 2018-04-02 Por causas alleas á súa vontade, Ángeles Ramírez non poderá participar na XXXV SGF Filosofía e o común. O seu relatorio estaba previsto para o xoves 5 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar estará Laura Mijares (Universidade Complutense de Madrid, UCM). Laura Mijares é arabista de formación pola UCM e doutora en Estudos Internacionais Mediterráneos pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É profesora Titular da UCM, no Departamento de Lingüística e Estudos Orientais, donde deseñou e dirixiu o Máster en Estudos Avanzados sobre Islam na Sociedade Europea Contemporánea (https://www.ucm.es/estudiosavanzadosislam/) no que aída continúa a impartir docencia. Nesta universidade é tamén Directora do GRAIS (Grupo ... Ver máis...
- XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN” 2018-02-23 A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de "Filosofía e o Común".
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF "Filosofía e o Común" dende esta páxina. Ver máis... - SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXV SGF 2017-12-02 Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 2 e 6 de abril de 2018, co título de: Filosofía e o Común.
O prazo de admisión de comunicacións rematará o 10 de xaneiro de 2018.
Ver máis... - Principais achegas da bioética á sociedade contemporánea 2017-04-21 Documentación da conferencia impartida o venres 21 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Margarita Boladeras Cucurella, catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universidade de Barcelona, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Ver máis...
- Contaminación e Saúde. A situación en Pontevedra 2017-04-20 Documentación da conferencia impartida o xoves 20 de abril de 2017 ás 17:00 por don Antón Masa Vázquez, biólogo e presidente de APDR, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Ver máis...
- As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula 2017-04-19 Documentación da conferencia impartida o mércores 19 de abril de 2017 ás 17:00 por don Marino Pérez Álvarez, catedrático de Psicoloxía na Universidade de Oviedo no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Presentación en PowerPoint (1’4 MB): “As catro causas do TDAH: Aristóteles na aula”
Ver máis...
- A industria do medicamento: Un negocio saudable? 2017-04-18 Documentación da conferencia impartida o martes 18 abril de 2017 ás 20:00 por don Germán Velásquez, Conselleiro Especial para Saúde e Desenvolvemento no Centro Sur en Xenebra, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Presentación en PowerPoint (3’6 MB): “A industria do medicamento: Un negocio saudable?”
Texto completo en PDF: “A industria do medicamento: Un negocio saludable?”
Ver máis...
- Xustiza e Autonomía: as dúas leccións da discapacidade e a dependencia 2017-04-18 Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 17:00 por don José Antonio Seoane, profesor de Filosofía do Dereito da Universidade da Coruña, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
- A aproximación da Antropoloxía Social e Cultural aos procesos de saúde, enfermidade e atención 2017-04-18 Documentación da conferencia impartida o martes 18 de abril de 2017 ás 10:30 por dona Maribel Blázquez Rodríguez, profesora de Antropoloxía Social na Universidade Complutense de Madrid, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía.
Ver máis...
- Sanidade: dereito ou negocio? 2017-04-17 Documentación aportada por don Manuel Martin Garcia, Presidente da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, impartida o luns 17 de abril de 2017 ás 17:00 horas xunto con do Pablo Vaamonde García, médico de familia, no marco da XXXIV Semana Galega de Filosofía. Ver máis...
- Manifesto a prol da Filosofía 2017-04-17 Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).
A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica. Ver máis...
- XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E SAÚDE” 2017-03-17 Entre os días 17 e 21 de abril de 2017 celebrouse no Teatro Principal da cidade de Pontevedra a XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Saúde.
Ver máis...
- VÍDEOS DA XXXIV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA 2016-04-21 Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXIV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e saúde”, dende aquí:
Ver máis...
- VÍDEOS DA XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA 2016-03-28 Vídeos da XXXIII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política:
Ver máis...
- Clausura Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía 2016-03-25 Lección de clausura a cargo de LAURA MINTEGI LAKARRA (Estella, Navarra; 26 de outubro de 1955) é unha escritora en euskera, profesora da Universidade do País Vasco e expolítica española. Foi candidata á presidencia do Goberno Vasco pola coalición Euskal Herria Bildu para as eleccións ao Parlamento Vasco de 2012. Aínda que naceu en Navarra, cando era pícara a familia trasladouse a Vizcaya. Residiu en Bilbao e desde 1973 vive en Algorta, no municipio vizcaíno de Guecho. Está licenciada en Historia e é doutora en Psicoloxía. Desde 1981 é profesora do Departamento de Didáctica de Lingua e Literatura da Universidade ... Ver máis...
- Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais 2016-03-25 As políticas enerxéticas e ambientais na Galiza nos últimos anos poden ser analizadas a través da súa coherencia cun metabolismo socioeconómico necesitado de cantidades crecentes de materiais, enerxía e auga. O territorio é visto como un lugar de onde extraer recursos susceptíbeis de seren transformados, dentro ou fóra do país, en bens e servizos diversos por grandes conglomerados empresariais, ou un lugar onde depositar os residuos procedentes das actividades industriais ou de consumo. Desde esta perspectiva, o medio físico é considerado só polas posibilidades que ofrece para estender as relacións económicas capitalistas baseadas na ganancia e no crecemento continuado. Deste ... Ver máis...
- Pensar a política emancipatoria despois da posmodernidade 2016-03-25 A fin dos “grandes relatos” preconizada no seu día polo discurso posmoderno apuntaba, sobre todo, á fin das “metanarrativas de emancipación” trazadas tamén no seu día polo discurso filosófico-político moderno. Coa súa radical posta en cuestión dos fundamentos conceptuais básicos que serviron de eixo reitor ao proxecto emancipatorio da modernidade, o pensamento posmoderno acabou socavando as propias bases epistemolóxicas e normativas sobre as que se fundamentou e lexitimou dito proxecto emancipatorio, avogando ao cabo polo seu abandono ou liquidación. Neste sentido, o pensamento posmoderno supón un serio desafío que non pode ser facilmente ignorado. Pois como trataremos de amosar non ... Ver máis...
- A mediocracia, a banalización da política e o show electoral. 2016-03-24 Dicía Voltaire que calquera que tivera o poder de facer crer idioteces tiña o poder de facer cometer inxustizas. Ese poder xa non o teñen os políticos senón os medios masivos e a súa extensión dixital, as redes sociais.
Os medios de comunicación de masas téñense convertido nunha pedra angular dos sistemas representativos aos que chamamos “democracias” O que deben os medios ás democracias e concretamente ao capitalismo é algo máis ou menos coñecido, grazas a elas puideron desenvolverse como industrias altamente rendibles e son unha das maiores fontes de acumulación de capital xunto coas empresas de armas. Producen mercadorías sen ... Ver máis...
- “Ocho apellidos de regiones escasamente romanizadas”: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español 2016-03-24 Nesta conferencia abordarei o conflito territorial interno do Estado español dende unha perspectiva poscolonial, facendo fincapé nas súas dimensións simbólica e material. En consonancia con varias das voces críticas da Transición española que falan do conflito colonial interno no Estado español como un indicador da democraticidade fallida que instaurou o proceso constitucional de 1978 (Pastor, Bastida), nesta conferencia desenvolverei a idea de que a chamada Cultura da Transición se sustenta, en parte, nun protocolo discursivo recoñecible para o tratamento deste conflito (o recurso a metáforas suaves, a miúdo tiradas do campo semántico do amor romántico; a énfase en afectos como ... Ver máis...
- Definición de esquerda e análise da situación 2016-03-24 Parte da constatación da posta en crise da esquerda, chegando os máis audaces a sancionar o seu anacronismo e os máis inconscientes a decretar a súa inexistencia. E trata de esclarecer as determinacións empíricas, os motivos ideolóxicos e as carencias teóricas que levaron a converter en tópico banal unha percepción triplamente “ilusoria”: ilusión da “dereita” de invisibilizar o seu inimigo, ilusión da “post-esquerda” de se saír da historia e ilusión da “esquerda” buscándose a si mesma fóra de si.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía. Xoves 31. Mañán 10:30 a 13:30. Bloque: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA POLÍTICA
JOSÉ MANUEL BERMUDO ÁVILA ... Ver máis...
- Eurasia como eixe do século XXI 2016-03-23 Desde Occidente pode verse esta afirmación de dúas formas: ou moi irreal ou moi arriscada. O certo é que mentres nos entretemos en cuestións menores, o eixe do mundo desprazouse irreversiblemente cara a esa zona do mundo e non fai tanto tempo.
Si hai que sinalar unha data esta é 2008, cando como consecuencia do inicio da aínda inacabada crise económica, política e moral. Véxase o que está sucedendo en Europa cos refuxiados- dous países, Rusia e China, viron chegado o seu momento. O primeiro, intentando recuperar e restablecer a súa influencia nos países que formaron parte da Unión Soviética establecendo ... Ver máis...
- A desarticulación da sociedade galega: territorio, migración, destrución do tecido produtivo e dos mecanismos de cobertura social 2016-03-23 O resultado da hexemonía do sistema capitalista na Galicia contemporánea exprésase nunha ocupación moi desigual, pouco racional, do territorio. Un territorio que sufriu un proceso urbanizador intenso e moi rápido no tempo, que establece unha división do país en dúas partes ben diferenciadas. O eixo urbano atlántico, urbano e superpoboado, que se estende desde Ferrolterra ao Baixo Miño e concentra unha ampla maioría da poboación e da capacidade económica. E case o 75% do espazo xeográfico, rural e interior, caracterizado polas súas dinámicas de despoboamento, abandono e atonía económica. O valor de cambio do solo impúxose ao seu valor de ... Ver máis...
- Política en Movemento. Movementos sociais e soberanía 2016-03-23 Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar.
Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía
Mércores 30. Mañán 10:30 a 13:30. Bloque: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA POLÍTICA
ARNAU MATAS MORELL. Doutor en Filosofía e Máster en Estudos de Paz, Conflitos e Desenvolvemento. Investigador especializado en movementos sociais. Ten participado en diferentes proxectos relacionados coa comunicación alternativa, o movemento estudantil e a recuperación da memoria histórica. É ... Ver máis...
- Perigo! Un tratado que nos ameaza. Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP! 2016-03-22 O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan os beneficios potenciais das corporacións transnacionais aos dous lados do Atlántico.
O TTIP atenta contra a democracia non só pola súa falta de transparencia senón porque hai un acordo explícito e público entre a Comisión Europea e EE.UU. de conceder ás grandes empresas multinacionais máis poder que aos cidadáns á hora ... Ver máis...
- Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE 2016-03-22 Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, reforza a condición do noso país como “periferia da periferia” europea, agravada pola total ausencia de compromiso político na defensa dos nosos sectores produtivos por parte do Estado, especialmente evidente xa nas negociacións de entrada na CEE en 1986.
A falta de capacidade de decisión política ten un impacto directo na ... Ver máis...
- Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos 2016-03-22 A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas década asistimos a un adelgazamento e incluso deformación da propia semántica destes conceptos, como si se referiran a unha situación socio-política moi diferente.
Na presente conferencia analizarase se nos momentos de cambios culturais, políticos, económicos e sociais, e especialmente nos de crise xeneralizada como o que vivimos, os antigos conceptos vólvense ... Ver máis...
- O “procés català” e a política do século XXI. Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática 2016-03-15 Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que leve á creación da República Catalana. A charla pretende trazar as claves do “procés” tanto dende elementos diacrónicos (o catalanismo político, o esgotamento do 78…) como os sincrónicos (crise económica, corrupción dos partidos, cambio xeracional).
Un aspecto a destacar do procés como esencial é a evolución do discurso independentista en termos ... Ver máis...
- O suxeito político e a cuestión nacional 2016-03-09
Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar a idea de nación e responsabilidade nacional, calquera suxeito político resulta estéril, opaco ou equívoco. O nihilismo nacional, sob a forma de cosmopolitismo non só é un erro, é unha interpretación interesada da oligarquía. Afastar o contido do internacionalismo da súa forma nacional é a praxe daqueles que non entenden nada da solidariedade ... Ver máis...
- Política e Vulnerabilidade 2016-03-08
Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde os anos setenta a vulnerabilidade aparece no vocabulario da man do medioambientalismo e do ecoloxismo en referencia ao dano que se causa ou se pode causar a seres vivos, organismos, ecosistemas, xa pola acción humana, xa por catástrofes naturais. Igualmente, despois do 11 de setembro do 2001, faise un uso ... Ver máis...
- XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E POLÍTICA” 2016-02-27
Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Política.
Ver máis...
Máis semanas