aulacastelao


Cancelación da Semana Galega de Filosofía en 2020 e realización da mesma en 2021 co mesmo programa previsto

A Aula Castelao de Filosofía acordou cancelar definitivamente a celebración da Semana Galega de Filosofía do presente ano. Vímonos obrigados a suspendela nas datas previstas e adiala para setembro por causa do estado de alarma. Mais, debido a que despois de rematado o actual curso académico e que as autoridades educativas acaban de estabelecer un protocolo moi cuestionado polo profesorado para o comezo das aulas á volta do verán, e dadas as advertencias das autoridades sanitarias sobre previsíbeis rebrotes do coronavirus logo das vacacións, consideramos que nesas circunstancias a realización da Semana de Filosofía en setembro non se podería levar a cabo coas garantías suficientes que fagan prever o seu normal desenvolvemento.

Por todo isto, acordamos trasladar o programa previsto para esta XXXVII Semana Galega de Filosofía que leva por título “Filosofía e Civilización Dixital” para o vindeiro ano nas datas tradicionalmente estabelecidas (logo da Semana Santa, do 5 ao 9 de abril de 2021), agardando que se produza unha redución da incerteza en que hoxe nos movemos e unha consecución de máis seguridade, co fin de ofertar unhas xornadas de debate da maior calidade posíbel.


MANIFESTO EN DEFENSA DAS HUMANIDADES

Desde o profundo convencemento de que o hiato existente entre ciencias e humanidades debe dar paso inmediato a un achegamento, e de que este trazo debería definir a tan debatida -desde os anos sesenta do pasado século!- terceira cultura, comezamos o noso alegato:

Porque o feito de primar as ciencias sobre as humanidades déixanos en orfandade. Quedamos redeadas e rodeados polo útil, concibido como aquilo que xera solucións a curto prazo, e polo universo do artificial, aparentemente perfecto (non hai máis que ver os nosos sistemas educativos onde se impón o manexo da tecnoloxía, da informática, os procedementos algorítmicos e a economía formalista, xunto co inglés claro está). Pero esquecémonos de que a intelixencia é algo máis: é o razoamento, a reflexión, o tomar decisións e o formarse unha idea determinada da realidade.


URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: EMANUELA FORNIARI NON PARTICIPARÁ NA XXXVI SGF

Por causas alleas á súa vontade, Emanuela Forniari non poderá participar na XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira.

O seu relatorio estaba previsto para o martes 23 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar participará Alberto Cruz Bravo.

O seu relatorio titúlase “As tormentas de area borran as raias das fronteiras”.


XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de “Filosofía e Fronteira”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.

Fiolsofía e Fronteira

SOLICITUDE DE COMUNICACIÓNS PARA A XXXVI SGF: FILOSOFÍA E FRONTEIRA

Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira. Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. […]


Conferencia de Ramón Grosfoguel: “O xiro decolonial” (a mirada da humanidade excluída)

No 35 aniversario da Semana Galega de Filosofía, dende a Aula Castelao de Filosofía, quixemos organizar un encontro co profesor Ramón Grosfoguel, membro do grupo modernidade/colonialidade que representa a actualización da tradición de pensamento que incorpora a visión dos colectivos habitualmente excluídos da historia do pensamento. Tratan de botar luz […]


XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.

A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF “Filosofía e o Común” dende esta páxina.


Manifesto a prol da Filosofía

Un día como hoxe hai 4 anos, en 2013, presentamos aquí un comunicado conxunto en defensa da filosofía, a Facultade de Filosofía de Santiago, a SOGAFI, o grupo Doxa e a Aula Castelao de Filosofía recollendo o lema QUÉN TEME Á FILOSOFÍA? que servira para unha campaña reivindicativa impulsada a nivel estatal pola Red Española de Filosofía (REF).

A LOMCE foi aprobada en decembro de 2013, e neste curso 2016-2017 completouse o proceso de implantación desta nova reforma educativa que está a causar graves prexuízos aos estudos de Filosofía no ensino secundario, enfrontándonos aos profesionais da filosofía a un futuro cada vez máis restritivo en termos de horas lectivas, de postos de traballo e de relevancia académica.


Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais

As políticas enerxéticas e ambientais na Galiza nos últimos anos poden ser analizadas a través da súa coherencia cun metabolismo socioeconómico necesitado de cantidades crecentes de materiais, enerxía e auga. O territorio é visto como un lugar de onde extraer recursos susceptíbeis de seren transformados, dentro ou fóra do país, […]


Pensar a política emancipatoria despois da posmodernidade

A fin dos “grandes relatos” preconizada no seu día polo discurso posmoderno apuntaba, sobre todo, á fin das “metanarrativas de emancipación” trazadas tamén no seu día polo discurso filosófico-político moderno. Coa súa radical posta en cuestión dos fundamentos conceptuais básicos que serviron de eixo reitor ao proxecto emancipatorio da modernidade, […]


A mediocracia, a banalización da política e o show electoral.

Dicía Voltaire que calquera que tivera o poder de facer crer idioteces tiña o poder de facer cometer inxustizas. Ese poder xa non o teñen os políticos senón os medios masivos e a súa extensión dixital, as redes sociais. Os medios de comunicación de masas téñense convertido nunha pedra angular […]


“Ocho apellidos de regiones escasamente romanizadas”: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español

Nesta conferencia abordarei o conflito territorial interno do Estado español dende unha perspectiva poscolonial, facendo fincapé nas súas dimensións simbólica e material. En consonancia con varias das voces críticas da Transición española que falan do conflito colonial interno no Estado español como un indicador da democraticidade fallida que instaurou o […]


Definición de esquerda e análise da situación

Parte da constatación da posta en crise da esquerda, chegando os máis audaces a sancionar o seu anacronismo e os máis inconscientes a decretar a súa inexistencia. E trata de esclarecer as determinacións empíricas, os motivos ideolóxicos e as carencias teóricas que levaron a converter en tópico banal unha percepción […]


Eurasia como eixe do século XXI

Desde Occidente pode verse esta afirmación de dúas formas: ou moi irreal ou moi arriscada. O certo é que mentres nos entretemos en cuestións menores, o eixe do mundo desprazouse irreversiblemente cara a esa zona do mundo e non fai tanto tempo. Si hai que sinalar unha data esta é […]


A desarticulación da sociedade galega: territorio, migración, destrución do tecido produtivo e dos mecanismos de cobertura social

O resultado da hexemonía do sistema capitalista na Galicia contemporánea exprésase nunha ocupación moi desigual, pouco racional, do territorio. Un territorio que sufriu un proceso urbanizador intenso e moi rápido no tempo, que establece unha división do país en dúas partes ben diferenciadas. O eixo urbano atlántico, urbano e superpoboado, […]


Política en Movemento. Movementos sociais e soberanía

Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar. Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega […]


Perigo! Un tratado que nos ameaza. Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP!

O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan […]


Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE

Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, […]


Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos

A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas […]


O “procés català” e a política do século XXI. Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática

Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que […]


O suxeito político e a cuestión nacional

Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar […]