Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXIV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e saúde”, dende aquí:
Arquivo anual: 2016
VÍDEOS DA XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA
Vídeos da XXXIII Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Política:
Clausura Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega de Filosofía
Lección de clausura a cargo de LAURA MINTEGI LAKARRA (Estella, Navarra; 26 de outubro de 1955) é unha escritora en euskera, profesora da Universidade do País Vasco e expolítica española. Foi candidata á presidencia do Goberno Vasco pola coalición Euskal Herria Bildu para as eleccións ao Parlamento Vasco de 2012. […]
Políticas enerxéticas e ambientais na Galiza: metabolismo socioeconómico e conflitos sociais
As políticas enerxéticas e ambientais na Galiza nos últimos anos poden ser analizadas a través da súa coherencia cun metabolismo socioeconómico necesitado de cantidades crecentes de materiais, enerxía e auga. O territorio é visto como un lugar de onde extraer recursos susceptíbeis de seren transformados, dentro ou fóra do país, […]
Pensar a política emancipatoria despois da posmodernidade
A fin dos “grandes relatos” preconizada no seu día polo discurso posmoderno apuntaba, sobre todo, á fin das “metanarrativas de emancipación” trazadas tamén no seu día polo discurso filosófico-político moderno. Coa súa radical posta en cuestión dos fundamentos conceptuais básicos que serviron de eixo reitor ao proxecto emancipatorio da modernidade, […]
A mediocracia, a banalización da política e o show electoral.
Dicía Voltaire que calquera que tivera o poder de facer crer idioteces tiña o poder de facer cometer inxustizas. Ese poder xa non o teñen os políticos senón os medios masivos e a súa extensión dixital, as redes sociais. Os medios de comunicación de masas téñense convertido nunha pedra angular […]
“Ocho apellidos de regiones escasamente romanizadas”: Cultura da Transición e conflito colonial interno no Estado español
Nesta conferencia abordarei o conflito territorial interno do Estado español dende unha perspectiva poscolonial, facendo fincapé nas súas dimensións simbólica e material. En consonancia con varias das voces críticas da Transición española que falan do conflito colonial interno no Estado español como un indicador da democraticidade fallida que instaurou o […]
Definición de esquerda e análise da situación
Parte da constatación da posta en crise da esquerda, chegando os máis audaces a sancionar o seu anacronismo e os máis inconscientes a decretar a súa inexistencia. E trata de esclarecer as determinacións empíricas, os motivos ideolóxicos e as carencias teóricas que levaron a converter en tópico banal unha percepción […]
Eurasia como eixe do século XXI
Desde Occidente pode verse esta afirmación de dúas formas: ou moi irreal ou moi arriscada. O certo é que mentres nos entretemos en cuestións menores, o eixe do mundo desprazouse irreversiblemente cara a esa zona do mundo e non fai tanto tempo. Si hai que sinalar unha data esta é […]
A desarticulación da sociedade galega: territorio, migración, destrución do tecido produtivo e dos mecanismos de cobertura social
O resultado da hexemonía do sistema capitalista na Galicia contemporánea exprésase nunha ocupación moi desigual, pouco racional, do territorio. Un territorio que sufriu un proceso urbanizador intenso e moi rápido no tempo, que establece unha división do país en dúas partes ben diferenciadas. O eixo urbano atlántico, urbano e superpoboado, […]
Política en Movemento. Movementos sociais e soberanía
Neste relatorio preténdese facer un repaso histórico das principais achegas e legado dos grandes ciclos de protesta dende metade do século XX até a actualidade. Amais, procúrase achegar e discutir algunhas claves interpretativas de certos movementos contemporáneos e o papel político que poden xogar. Filosofía e Política. XXXIII Semana Galega […]
Perigo! Un tratado que nos ameaza. Paremos o Tratado Transatlántico de Libre Comercio e Inversión, TTIP!
O TTIP é un tratado que se está negociar desde xuño de 2013 entre a Unión Europea e Estados Unidos, cunha total falta de transparencia, de costas á cidadanía e aos seus representantes elixidos democraticamente. O seu obxectivo principal é, segundo recoñeceron os negociadores, eliminar as “barreiras” reguladoras que limitan […]
Consecuencias económicas do rol dependente de Galiza no estado español no marco da UE
Galiza insírese no Estado Español dun xeito politicamente dependente e economicamente periférico, xa que logo, alleo aos centros de decisión política e económica. A pertenza do Estado español á Unión Europea, onde o Estado español forma parte dos países periféricos dunha unión que prima os intereses do capital financeiro franco-alemán, […]
Crise, adelgazamento e deformación dos conceptos ético-políticos
A maioría dos conceptos ético-políticos que manexamos na actualidade (liberdade, xustiza, igualdade, democracia, revolución, utopía, etc.) remóntanse á antigüidade, malia que convendremos en que o seu significado data das orixes da modernidade, como moi ben sinalara o filósofo alemán Reinhart Koselleck na súa historia conceptual. Sen embargo, parecera que nas últimas […]
O “procés català” e a política do século XXI. Soberanías, representación e discurso para unha revolución democrática
Ridiculizado, minusvalorado e insultado, o proceso político republicano en Catalunya leva sete anos consolidando novas formas políticas, de discurso e de representación. Dende as movilizacións masivas ata a creación de novos suxeitos políticos (ANC) dende a trituración de vellos partidos (CiU, ICV, PSC…) ata a consolidación dunha vía democrática que […]
O suxeito político e a cuestión nacional
Por suxeito político enténdese a colectividade (non multitude) que é quen de crear unha subxectivación tal –con independencia do lugar asignado no seo do capitalismo- que irrompe decisivamente contra a orde establecida por ese modo de produción. No caso galego, o axioma é nidio: sen liquidar a opresión de clase e sen afirmar […]
Política e Vulnerabilidade
Desde Platón, como subliñan diversos autores e autoras (Alasdair MacIntyre, Martha Nussbaum, Adriana Cavarero) a historia da filosofía ignora a vulnerabilidade humana. Nos últimos anos, non obstante, constatase que a vulnerabilidade vai adquirindo unha presenza cada vez máis importante no pensamento filosófico, ético e político. Ben é certo que desde […]
XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E POLÍTICA”
Entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2016 celebrouse na cidade de Pontevedra a XXXIII SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA, baixo a epígrafe de Filosofía e Política.