A Aula Castelao de Filosofía e a Universidade de Vigo recoñecen o Congreso XXVI SGF con 50 horas de formación.
A posíbel homologación destas horas como formación permanente do profesorado por parte da Consellaría de Educación e O.U. ven regulada pola Orde de 1 de marzo de 2007 (DOG 11 abril). Para calquera aclaración sobre esta homologación debedes dirixirvos á Consellaría de Educación e O.U. Até a XXIV SGF non houbo problema co recoñecemento, mais coa nova normativa algunhas persoas informáronnos de problemas coa homologación na Consellaría.