A Aula Castelao apoia a manifestación deste venres 21 de outubro, convocada pola Asociación Pola Defensa da Ría. Con esta manifestación, a cidadanía expresará á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á posibilidade de que sexan concedidas as Autorizacións Ambientais Integradas a ENCE e ELNOSA, co que se favorecería a permanencia do complexo.