Podedes ollar os vídeos dos relatorios da XXXV Semana Galega de Filosofía, “Filosofía e o común”, dende aquí:
XXXV Semana Galega de Filosofía
DOCUMENTOS PARA O RELATORIO DE MAÑÁ DE FRANCISCO JOSÉ MARTÍNEZ, “PRIVADO, PÚBLICO E COMÚN, A PARTIR DE DELEUZE A NEGRI”
Privado , público e común, a partir de Deleuze a Negri. Aquí dispoñedes de 2 documentos para ler como anticipo do relatorio de mañá ás 10:30 horas de Francisco José Martínez: LO PRIVADO COMO CATEGORIA INTELECTO GENERAL, SERVIDUMBRE VOLUNTARIA Y COMUNISMO 1
URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: ÁNGELES RAMÍREZ NON PARTICIPARÁ NA XXXV SGF
Por causas alleas á súa vontade, Ángeles Ramírez non poderá participar na XXXV SGF Filosofía e o común. O seu relatorio estaba previsto para o xoves 5 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar estará Laura Mijares (Universidade Complutense de Madrid, UCM). Laura Mijares é arabista de formación pola […]
XXXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E O COMÚN”
A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXV Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 2 ao 6 de abril de 2018, baixo a epígrafe de “Filosofía e o Común”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.
Podedes descargar o dossier da XXXV SGF “Filosofía e o Común” dende esta páxina.