A nítida diferenciación dos sexos na nosa cultura debeu probablemente a súa configuración á monogamia e á monosexualidade e os seus tabús. Foi unha violación da natureza. Laurence Durrell
Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía
Efigenio Amezúa Ortega. Doutor en Sexoloxía, director do Instituto de Sexoloxía Incisex, Estudos de Postgrao de Sexoloxía Incisex –Universidade de Alcalá e Máster en Sexoloxía: educación e asesoramento sexual. É tamén fundador (1979) e editor da Revista Española de Sexología.
Luns 6. Mañán 10:30 a 13:30. Bloque: REFLEXIÓN FILOSÓFICA SOBOR DA SEXUALIDADE
“Seguindo a pista do léxico, a historia de como o locus genitalis se convirte en sexo ou chegou a suplantar a Sexus e Eros é unha historia ben curiosa” que o profesor Amezúa explica no seu relatorio “Sexus e Eros versus Locus genitalis”.
Introdúcenos ás primeiras miradas sobre a sexualidade da Grecia Clásica no Acto primeiro: Eros e Sexus. Atenas 385 a.C. condúcenos dende o eros platónico do Banquete cara o sexus dividido de Aristófanes, construindo o relato da sexuación ata o Ars Amandi de Ovidio.
No Acto segundo: O locus genitalis. Illa de Cos, 395 a. C. prodúcese a inxerencia da xenitalidade. No entorno da Escola de Hipócrates “o proto-médico ou físico ” a observación concéntrase na fisicidade xenital dando especial relevancia á xeración (genós, genus), o interese radica na reprodución.
A través das miradas pasadas presentes Efigenio Amezúa chega ó Acto terceiro. Nos nosos días onde as visións primeiras configuran as teorías maiores como “fondo histórico e conceptual na procura dunha articulación epistemolóxica do Feito Sexual Humano” e outras teorías menores -máis anecdóticas se cadra- que baixo intereses “de orde moral ou socio-política” configuran a dexeneración, a libido e o xénero. Pero a historia continúa.