Arquivo anual: 2019


MANIFESTO EN DEFENSA DAS HUMANIDADES

Desde o profundo convencemento de que o hiato existente entre ciencias e humanidades debe dar paso inmediato a un achegamento, e de que este trazo debería definir a tan debatida -desde os anos sesenta do pasado século!- terceira cultura, comezamos o noso alegato:

Porque o feito de primar as ciencias sobre as humanidades déixanos en orfandade. Quedamos redeadas e rodeados polo útil, concibido como aquilo que xera solucións a curto prazo, e polo universo do artificial, aparentemente perfecto (non hai máis que ver os nosos sistemas educativos onde se impón o manexo da tecnoloxía, da informática, os procedementos algorítmicos e a economía formalista, xunto co inglés claro está). Pero esquecémonos de que a intelixencia é algo máis: é o razoamento, a reflexión, o tomar decisións e o formarse unha idea determinada da realidade.


URXENTE! CAMBIO NOS RELATORIOS: EMANUELA FORNIARI NON PARTICIPARÁ NA XXXVI SGF

Por causas alleas á súa vontade, Emanuela Forniari non poderá participar na XXXVI Semana Galega de Filosofía, Filosofía e Fronteira.

O seu relatorio estaba previsto para o martes 23 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar participará Alberto Cruz Bravo.

O seu relatorio titúlase “As tormentas de area borran as raias das fronteiras”.


Fiolsofía e Fronteira

XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E FRONTEIRA”

A Aula Castelao de Filosofía preséntavos un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía.
A XXXVI Semana Galega de Filosofía terá lugar na cidade de Pontevedra do 22 ao 26 de abril de 2019, baixo a epígrafe de “Filosofía e Fronteira”.
Celebrarase no Teatro Principal da cidade de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño nº 6). A asistencia é aberta e gratuita.
Como en anos anteriores asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 30 horas de formación.