Dende a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciar a próxima celebración en Pontevedra da XXXVI SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 22 e 26 de abril de 2019, co título de: Filosofía e Fronteira.
Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana. O prazo de admisión de comunicacións rematará o 31 de xaneiro de 2019.
As condicións que teñen que cumprir as comunicacións son as seguintes:
– Ter unha relación clara coa temática da XXXVI SGF.
– Estar escritas en galego.
– Non sobrepasar as 300 liñas.
– Nunha folla á parte: título, nome das autoras e autores, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.
– Como encabezamento da comunicación: título, autoras e autores e enderezo ou correo electrónico para facer público.
No caso que non cumprir as devanditas condicións, así como uns requisitos mínimos de argumentación, análise e pertinencia, as comunicacións serán rexeitadas.
As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico, enviando o documento como ficheiro adxunto, ao enderezo:
aula@aulacastelao.com