Por causas alleas á súa vontade, Ángeles Ramírez non poderá participar na XXXV SGF Filosofía e o común. O seu relatorio estaba previsto para o xoves 5 de abril ás 10:30 horas. No seu lugar estará Laura Mijares (Universidade Complutense de Madrid, UCM). Laura Mijares é arabista de formación pola UCM e doutora en Estudos Internacionais Mediterráneos pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM). É profesora Titular da UCM, no Departamento de Lingüística e Estudos Orientais, donde deseñou e dirixiu o Máster en Estudos Avanzados sobre Islam na Sociedade Europea Contemporánea (https://www.ucm.es/estudiosavanzadosislam/) no que aída continúa a impartir docencia. Nesta universidade é tamén Directora do GRAIS (Grupo de Análise sobre Islam en Europa), un equipo interuniversitario e multidisciplinario de investigación que se ocupa da análise das diferentes dimensións políticas, sociais, xurídicas e económicas da presenza musulmá en Europa. O seu traballo actual, centrado na socioloxía das comunidades musulmás, dedica especial atención aos temas de xuventude, xénero, islamofobia e discriminación destas poboacións en Europa e no Estado español.
O seu relatorio versará sobre “A islamofobia nas sociedades actuais: exclusión, diversidade e racismo”.