¿Existe un buen modo de categorizar los cuerpos? ¿Qué nos dicen las categorías? Las categorías nos dicen más sobre la necesidad de categorizar los cuerpos que sobre los cuerpos mismos. Judith Butler
Filosofía e Sexualidade. XXXII Semana Galega de Filosofía
Dolores Juliano Corregido. Cursou a licenciatura de Antropoloxía en Arxentina e doctorouse en Filosofía e Letras na Universidadede Barcelona, onde foi profesora titular ata a súa xubilación. Traballa desde hai moitos anos en Antropoloxía da Educación, e en temas de xénero, inmigración e discriminación, desde unha perspectiva feminista. Forma parte de diversos equipos de investigación e ten dado cursos en varias universidades españolas e de América Latina. Recibíu o premio “Creu de Sant Jordi” outorgado pola Generalitat en 2010 polo conxunto da súa traxectoria académica e científica.
Luns 6. Noite 20:00 a 22:00. Bloque: A SEXUALIDADE A DEBATE
Dado que a base da nosa nosa organización sexo-social é a obrigatoria complementariedade heterosexual, resultan estigmatizadas todas as conductas que se sitúan á marxe do modelo, tales como homosexualidade, prostitución, transexualidade, bisexualidade, así como as transgresións ás normas de xénero. A criminalización do sexo de pago e doutras actividades incluidas dentro do negocio do sexo, como a pornografía, non depende dos delitos que se cometen dentro destas áreas, que existen pero que poden evitarse facendo uso da lexislación común, senón da estigmatización social, que se ensaña cos sectores máis desfavorecidos e se nega a escoitar as súas demandas.
O problema de outorgar credibilidade aos sectores que carecen de poder e prestixio social, pode darse mesmo no seno dos movimentos reivindicativos. O feminismo tivo dificultades epistemolóxicas para incluir nas súas reivindicacións a voz das mulleres pertenecentes aos sectores marxinais, atrapado en dous dilemas: Se históricamente se reclamaran dereitos civís a partir da superioridade moral da muller, que se fai con aqueles ás que se lles asignaba moralidade dubidosa ou non convencional? Por outra banda, pero converxentemente, se se cría nun modelo único de reivindicacións universais productos da ilustración, e na existencia dun suxeito “muller” indiferenciado, como entender prioridades diferentes a partir de situacións sociais diversas, tales como os condicionamientos de clase, étnicos ou relixiosos?
A tentación de culpabilizar ás infractoras, cuxo modelo eran as prostitutas ou as sospeitosas de selo, atopou apoio dentro do sector máis intistucionalizado do movemento de mulleres. A outra posibilidade consistía en victimizalas, considerando que as conductas “inmorais” lles eran impostas externamente. Este foi o camiño que siguiu o movemento “antipornografía” de EEUU, que se extendeu por moitos países e se diversificou en distintas formas de abolicionismo. Contra esta deriva autoritaria loitan actualmente as asociacións de traballadoras do sexo, as organizacións pro dereitos e as correntes do feminismo prosexo e queer. Tamén dentro do campo académico multiplícanse os estudios de ciencias sociais que procuran rescatar a voz destes sectores.