XXIX SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA: “FILOSOFÍA E EUROPA”
Entre os días 9 e 13 de abril de 2012 celebrouse en Pontevedra a Semana Galega de Filosofía, co título de Filosofía e Europa. Como en anos anteriores tódalas sesións tiveron lugar no auditorio de Novacaixagalicia, con acceso dende a rúa Augusto González Besada e a praza de San Xosé.