Os días 9, 10 e 11 de decembro de 2009, dentro da Programación de Outono da Vicerreitoría de Pontevedra da Universidade de Vigo, a Aula Castelao de Filosofía organiza as Xornadas Xeneros na Arte.
Lugar: Casa das Campás, Pontevedra. Ás 20:00 horas. Entrada libre.
Xabier Arakistain aka ‘Arakis’
Como estudoso da Arte e como comisario de proxectos expositivos ten unha especial inquedanza e empeño en mostrar a arte desde unha perspectiva de xénero. Pensa que o feminismo é a última e máis influínte vangarda do século XX. Por iso insiste en destacar a visión feminista da producción artística que se destacou como arte feminista desde os anos sesenta do s. XX. Trátase dun movemento artístico apoiado por un movemento social. Todo arte é política, e neste caso serviu de revulsivo para que se desmontasen todos os estereotipos sobre as mulleres e que deixaran de estar minorizadas socialmente. A arte feminista tenta cuestionar a orde social e como se constrúe esa representación dentro da orde social. Ve unha experiencia liberadora na arte feminista e no propio feminismo, porque da unha explicación moi lóxica de como está organizado o mundo, e destaca a súa intención transformadora contaxiosa.
O Centro Cultural Montehermoso de Vitoria-Gasteiz, segue unha liña clara dentro da súa programación para promover proxectos relacionados co desenvolvemento dunha historiografía da arte feminista no estado español. O seu director. Arakistain, falará desta liña de traballo que xurde da conxunción de arte, cultura e sociedade, e que segue unha orientación antielitista, achegando as artes á cidadanía, combinando artes visuais coa publicidade, a moda, a música…En definitiva, arte para a igualdade.
-Responsable do calendario do Salón de Exposicións da Fundazioa Bilbao (2001-2003).
-Comisario das exposicións de arte:
‘Transexual Express’ en Bilbao, Barcelona, Budapest e A Coruña (1999, 2001-2002).
‘Guerrilla Girls, 1985-2000.’ (2001-2003)
‘SWITCH on the power! Ruido y políticas musicales’ en Vigo, Gran Canaria e Victoria-Gasteiz (2006-2007)
‘Kiss Kiss Bang Bang, 50 pasos en 40 anos de arte e feminismo’ en Bilbao (2007).
-Moderador dos debates sobre ‘Arte e Feminismo’ mantidos nos Encontros Internacionais de Expertos en Arte Contemporánea na Feira ARCO en Madrid (2003-2005), de onde resultou o Manifesto ARCO 2005
-Director do Kulturunea ‘Montehermoso’ de Vitoria-Gasteiz dende o 2007
Erika Bornay Campoamor
Profesora titular de Historia da Arte na Universidade de Barcelona. Os seus traballos de investigación e os seus ensayos versan sobre a iconografía da muller na pintura. Os títulos que acompañan esta reseña son dabondo elocuentes. A súa experiencia na novela levouna a facer ficción sen abandoar a reconstrucción de contextos históricos e artísticos veraces e sempre cunha visión crítica. (“Los diarios de Fiona Courtauld.” La Tempestad, Barcelona 2002. “Las historias secretas que Hopper pintó.” Icaria, Barcelona 2009). Destaca tamén a súa colaboración en diarios: “El País”, “La Vanguardia”. É membro da “Asociación Nacional e Internacional de Críticos de Arte”.
Neste relatorio, “A muller real versus a muller ideal a finais do século XIX”, convídanos a falar do tema obxecto dos seus últimos estudos, que buscan dar unha explicación aos cambios na temática e na representación destes dous tipos de iconografía. O tema o contextualiza historicamente para poñer de relevo que aspectos, que cambios sociais e políticos deron lugar a aparición dun tipo de muller real, que contraviña un ideal que só estaba no imaxinario masculino.
Obras publicadas sobre arte:
-Historia del arte del siglo XIX. Planeta, Barcelona 1988
-Aproximación a Ramón Casas a través de la figura femenina. Ausa, Sabadell 1992
-Cómo reconocer el arte del Neoclásico. Edunsa, Barcelona 1996
-Las Hijas de Lilith. La imagen de la femme fatale en el arte. Cátedra, Madrid 1990.
-La cabellera femenina. Un diálogo entre poesía y pintura. Cátedra, Madrid 1994.
-Las mujeres de la Biblia en la pintura del Barroco. Imágenes de la ambigüedad. Cátedra, Madrid 1998
-Arte se escribe con M de Mujer. Sd ediciones, Barcelona 2009
Patricia Mayayo
É profesora de Historia da Arte na Universidade Autónoma de Madrid. A súa investigación céntrase na historiografía feminista e na arte contemporánea. Con ela temos a oportunidade de repensar e reescribir outras posibles historias da arte, para poder chegar a ter unha visión completa da realidade artística, máis alá da evidente preponderancia masculina oficial.
Obras publicadas sobre arte :
-Louise Bourgueois. Nerea, Hondarribia 2002
-Historia de mujeres, historia del arte. Cátedra, Madrid 2003
-Frida Kahlo. Contra el mito. Cátedra, Madrid 2008