XXV Semana Galega de Filosofía: Filosofía e Utopía

 

Pontevedra, 1 de decembro de 2007

COMUNICACIÓNS

 

Estimados/as compañeiras e compañeiros,

Desde a AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA desexamos anunciarvos a próxima celebración en Pontevedra da XXV SEMANA GALEGA DE FILOSOFÍA entre os días 24 e 28 de marzo de 2008, co título de:

Filosofía e Utopía

Como en ocasións anteriores, solicitamos o envío de COMUNICACIÓNS relacionadas coa temática mencionada, que serán publicadas nas datas de celebración da Semana, con vistas á ampliación e enriquecimento das posibilidades de debate.

As condicións que teñen de cumprir as comunicacións son as seguintes:

  • Ter unha relación clara co tema da Semana

  • Estar escritas en galego*

  • Non sobrepasar as 300 liñas

  • Nunha folla aparte: título, nome dos autores/as, enderezo, teléfono e correo electrónico se o tiver.

  • Como inicio da comunicación: título, autores/as e enderezo ou correo electrónico para facer público.

No caso que non se cumpran as condicións as comunicacións serán rexeitadas.

As comunicacións deben ser remitidas por correo electrónico enviando o documento como arquivo adxunto ao enderezo:

aula@aulacastelao.com

A data límite para a recepción de comunicacións é o 31 DE XANEIRO DE 2008.

Un saúdo,

AULA CASTELAO DE FILOSOFÍA


* Aquelas persoas de fóra de Galiza que teñan dificultades para enviar as comunicacións en galego, por favor poñédevos en contacto coa organización (aula@aulacastelao.com).