A Aula Castelao de Filosofía quere facer público o seu apoio á convocatoria da marcha contra Celulosas, o vindeiro 11 de xuño en Pontevedra á 19:30 horas, que a APDR (Asociación Pola Defensa da Ría) fai este ano cos lemas: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA e CONTRA AS RENOVACIÓNS DAS AUTORIZACIÓNS AMBIENTAIS INTEGRADAS PARA ENCE-ELNOSA.
Como a propia APDR di, “atopámonos nun momento decisivo e chave para fechar definitivamente as portas do complexo. O proceso de renovación das autorizacións ambientais integradas, que foron inxustificadamente concedidas no seu día, debe ser un camiño de non retorno que poña de manifesto os continuos incumprimentos e derive, dunha vez por todas, no camiño do desmantelamento inmediato de ENCE-ELNOSA. A Marcha contra Celulosas será a demostración de que non estamos dispostos a deixar que as administracións actúen baixo os intereses de dúas empresas que seguen incumprindo de maneira reiterada a lexislación ambiental. Somos coñecedores dos prexuízos causados ao longo da súa dilatada existencia e non estamos dispostos a aceptar negociacións que non pasen polo peche da factoría.”
Máis información: http://www.apdr.info